martes, 24 de abril de 2012

UNETE A LA VUELTA 2012!!!!!

Viernes, 13 de abril de 2012


“Únete á Volta” promocionará o ciclismo nos concellos da provincia

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email

Dirección de su amigo: La dirección suya: Comentario: Enviar a amigo

Redacción / Xornal21.es

O programa aproveita a tradición das festas da bicicleta que xa viña organizando a Deputación para achegar aos concellos un amplo programa de actividades lúdicas e deportivas relacionadas co ciclismo.


Os concellos participantes serán os de Lalín, A Estrada, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Marín, Cangas, Redondela, Mos, O Porriño Ponteareas, Tui e os tres concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) onde se celebrará unha marcha conxuntaAproveitar o impacto da Volta Ciclista a España para promover o deporte da bicicleta en toda a provincia é o obxectivo que perseguen a Deputación de Pontevedra e a empresa organizadora deste evento, Unipublic. Para logralo, porase en marcha o programa Únete á Volta, presentado esta mañá en rolda de prensa e co que se pretende implicar a todos os concellos da provincia na promoción do ciclismo.
O programa aproveita a tradición das festas da bicicleta que xa viña organizando a Deputación para achegar aos concellos un amplo programa de actividades lúdicas e deportivas relacionadas co ciclismo. Así, nos 15 concellos de maior poboación e nos que adoita haber unha maior participación nas festas da bicicleta, será a propia empresa Unipublic a que organice estes actos, mentres que nos restantes a organización correrá a cargo do ciclista profesional Marcos Serrano.
Os concellos nos que Unipublic traballará serán os de Lalín, A Estrada, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Marín, Cangas, Redondela, Mos, O Porriño Ponteareas, Tui e os tres concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) onde se celebrará unha marcha conxunta.
Louzán incidiu na importancia destas celebracións, que van facer que o espírito da volta “chegue a practicamente toda a provincia”, algo no que coincidiu a deputada Begoña Estévez, que salientou a “oportunidade” que supón a Volta Ciclista para “fomentar o uso da bici” entre nenos e maiores.

Pola súa banda, o director da Volta e responsable de Unipublic, Javier Guillén, fixo fincapé en que a súa estadía nesta provincia estalle permitindo palpar “a sensación de que vai ser un auténtico éxito”.
Neste sentido, indicou que “a Volta precisa deste tipo de recursos”, en referencia ao programa Únete á Volta, dado que contribúen a achegar máis o evento deportivo á cidadanía e á implicala na súa celebración. Por iso, comprometeuse a poñer “toda a infraestrutura da Volta ao servizo deste evento”.
As actividades organizadas por Unipublic desenvolveranse nas fins de semana do mes de maio -segundo o calendario indicado a continuación-, e as restantes distribuiranse entre o 20 de abril e o 30 xuño, e do 1 de setembro ao 31 de outubro.

VOLTAS PROGRAMADAS NO MES DE MAIO

****PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE MAIO

**LALÍN

5 MAIO ( sábado mañá)

10:00 h

**TUI

5 MAIO (sábado tarde)

18:00 h

**CAMBADOS

6 MAIO (domingo mañá)

11:00 h

**SEGUNDA FIN DE SEMANA DE MAIO

PORRIÑO-MOS

12 MAIO ( sábado mañá)

10:00 h

**A ESTRADA

12 MAIO (sábado tarde)

18:00 h

**VILAGARCÍA

13 MAIO (domingo mañá)

11:00 h

**TERCEIRA FIN DE SEMANA DE MAIO

REDONDELA

19 MAIO ( sábado mañá)

10:00 h

**MARÍN

19 MAIO (sábado tarde)

18:00 h

**PONTEAREAS

20 MAIO (domingo mañá)

11:00 h

**CUARDO FIN DE SEMANA DE MAIO

BAIONA-NIGRAN-GONDOMAR

26 MAIO ( sábado mañá)

10:00 h

**CANGAS

26 MAIO ( sábado tarde)

18:00 h

**SANXENXO

27 MAIO ( domingo mañana)

11:00 h



No hay comentarios: